Primeiro paso

Encher e enviarnos o formulario de solicitude para ampliar a información online. Así, un compañeiro do noso equipo porase en contacto contigo para ofrecerte toda a información inicial que desexas acerca do noso programa de franquicias.

Solicite máis información

Segundo paso

Ó contactar contigo trataremos sobre as características da franquicia de Ciencia Divertida, e aclararemos todas as túas dúbidas

Terceiro paso

Proporcionámoste unha serie de preguntas sobre o teu perfil, así como un acordo de confidencialidade para programar unha conferencia coa Directora de Marketing de Ciencia Divertida, onde explicarate a nosa metodoloxía de traballo e as ferramentas que fomos desenvolvendo có paso do tempo, có propósito de maximizar ingresos e facerte máis fácil a xestión da túa nova franquicia.

Cuarto paso

Farémoste chegar o contrato de franquicia o de franquicia maestra para que lo revises.

Quinto paso

Organizaremos as nosas axendas para celebrala formación inicial, que levarías a cabo en Sevilla, sede central de Ciencia Divertida en España. Si o desexas, podería sustituirse esta formación presencial por outra online. A segunda parte da formación levaríase a cabo na túa zona, onde o noso formador líder explicarate todo o necesario nas datas que mellor encaixen. Durante esta fase celebrarase un evento de lanzamento de Ciencia Divertida para dar a coñecer o proxecto no teu entorno e que teña unha repercusión relevante nos medios de comunicación.

Sexto paso

Tras este proceso formativo a franquicia será túa, pero tranquilo, non estarás só. Disporás dun executivo de contas e soporte continuado por parte dos nosos expertos, ademais de a tódolos sistemas informáticos desenrolados para Ciencia Divertida, incluíndo a plataforma propia de Extranet e Intranet “The Lab”.