Os espectáculos e talleres organizados por Ciencia Divertida conseguen que os nenos activen a súa imaxinación, á vez que espertan a súa curiosidade, dentro dun ambiente que convida á participación, o que axudará a que creza a súa autoestima.

A forma en que os nenos aprenden é tan importante como o que aprenden

En Ciencia Divertida enorgullécenos facer as cousas un pouco fóra do común. De feito, somos capaces de asegurar que ninguén máis ensina como o facemos nós. O noso método extráese directamente da mestría de científicos e científicas de todo o mundo.

O noso método Ciencia Divertida

O noso programa crea divertidas tarefas, cheas de espectaculares actividades interactivas nas que o público/alumnado participa de forma directa, coordinado polo competente equipo de Ciencia Divertida.  Mediante o uso do noso premiado método pedagóxico, péquelos da casa deixan de ser observadores para converterse en parte fundamental das actividades cheas de vivencias educativas que lembrarán sempre.

Este método pedagóxico fai uso de diferentes sistemas educativos:

  • Sistema TPR (Total Physical Response, ou o que é o mesmo, resposta física completa)
  • SDAIE (Specifically Designed Academic Instruction in English, é dicir, educación académica deseñada especificamente en inglés.
  • PQS (Plonsky Question System, osea, Sistema de preguntas Plonsky)
Como dixo unha vez Confucio:

“Contáronmo e esquecino; o vin e o entendín; fíxeno e aprendino”