Ciencia Divertida é líder ofrecendo programas interactivos infantís relacionados coa ciencia, enxeñería, tecnoloxía e matemáticas (STEM). Dende a nosa fundación deseñamos actividades que se adaptan ós máis pequenos, que fomentan o interese destes polo ámbito científico e o impacto que ten no mundo.
Ademais proporcionamos tarefas baseadas na práctica que ensinan trazos do mundo medioambiental e a saúde dende un punto de vista distinto, divertido e educativo. De feito, traballamos como colaboradores dalgunhas das empresas máis grandes do mundo para compartir mensaxes de preservación do medio ambiente a nenos de tódalas partes.
Más de 9 millones de niños han participado en alguno de nuestros programas en todo el mundo.
Botémoslle un vistazo
- Somos un referente global en Programas de Enriquecemento Científico con delegacións en máis de 40 nacións.
- Traballamos con nenos de entre 3 e 16 anos.
- Ensinamos todo tipo de aspectos sobre a ciencia, mediante o uso do entretemento e outros sistemas educativos novidosos para que os máis pequenos recorden os contidos educativos de gran valor.
- Favorecemos que os nenos participen.
- Impulsamos a conciencia do medio ambiente, nutrición e saúde.
- Promovemos a experimentación como método de ensinanza.
- Beneficiámonos do proceso científico como sistema de aprendizaxe e exploración.
- Favorecémo-la paixón polas ciencias á vez que desenvolver a creatividade, a habilidade para solucionar problemas e a autoestima infantil e xuvenil.
Unha franquicia que proba que a Terra non é plana.
Ciencia Divertida e as súas franquicias chegan a todo o mundo, onde estamos representados en máis de 40 países.