Os nosos programas para despois de clase están a disposición de centros educativos, tanto públicos como privados, ademais de para asociacións. As actividades de Ciencia Divertida son coñecidas por proporcionar valores educativos e favorecer que os pequenos participen activamente.
Os nosos científicos divertidos están cualificados para ensinar e pasalo ben de maneira simultánea. Os nosos Programas Extraescolares están adaptados para nenos de idades comprendidas entre 3 e 16 anos.
Obxectivos dos programas extraescolares
- Facer crecer a curiosidade dos nenos pola ciencia e o seu mundo, mediante a experimentación e a análise do universo que os rodea.
- Os sistemas de aprendizaxe de Ciencia Divertida permiten que os nenos interveñan de maneira activa na súa propia aprendizaxe. Empregamos técnicas para que participen creativamente co fin de incrementar a súa intelixencia e imaxinación.
Que pode esperar?
- Programas profesionais baseados nunha planificación exhaustiva.
- Unha hora á semana de actividades, con explicacións, un experimento e tarefa práctica distinta.
- Formadores especializados na metodoloxía de Ciencia Divertida.
- Ofrecemos todo o material que van necesitar os nenos, así que eles só terán que vir a clase.
- Agasallos por formar parte do Club Ciencia Divertida (como carné, bolígrafo, diplomas, cadernos… e a posibilidade de obter descontos en actividades educativas).
- Entrada aos eventos de portas abertas.
- Dossier informativo do progreso e documentación final para os pais.