Gústanos poñer especial interese no proceso de selección de los instrutores dos nosos programas (os cales fan o papel de científicos chiflados). Cando os profes están autorizados para ser contratados, métense de cheo nun intenso programa formativo, onde se lles guía por todos e cada un dos aspectos dos métodos e programas científicos.

Ante todo seguridade, despois o divertido.

Our Nutty Scientists Soemos ser recoñecidos polas nosas presentacións estrambóticas, pero podemos garantir que o caos percibido no noso entorno está controlado ó 100%. O profesorado de Ciencia Divertida está adestrado para orquestrar experimentos con todo luxo de detalles como parte da súa presentación. Ademais, saben como se traballa con nenos e como manter a seguridade deles en todo momento.

As nosas actividades desenrólanse tendo en conta sempre a responsabilidade que teñen os nosos profesores en colexios, centros educativos e outros espazos de reunión. Dende o que supón organizar ata a limpeza, os nosos científicos chiflados teñen en conta cada aspecto.

Desta forma o único que teredes que pensar ti e os teus fillos será no xenial que é divertirse e aprender á vez.