Dende 1996 diriximos franquicias, entendemos que non teñas experiencia no tema, e por elo ensinarémoste todo o que debes saber para buscar clientes, desenvolver bos programas e impulsar o teu negocio cara o futuro.
Comezamos cunha formación completa dividida en dos fases
3 dias nas oficinas centrais de Ciencia Divertida
A primeira parte da formación estará vinculada á parte de administración, marketing, técnicas comerciais, programas, persoal e sistemas de organización de empresas. Nesta mesma fase terás acceso a manuais e documentación formativa, así como vídeos de formación.
2 días recibindo formación na túa zona con un instrutor líder de Ciencia Divertida
Axudámoste a saber escoller e instruír ós primeiros monitores que contrates. Tras ese período darémoste as ferramentas necesarias para facer despegar o negocio, acompañándote na organización das primeiras actividades promocionais.
Soporte continuo en cada unha das áreas do negocio
- Proporcionarémoste unha web propia dentro da estrutura de Ciencia Divertida. Poderás editar, modificar e darlle un toque persoal, dentro da liña da nosa imaxe corporativa.
- Poderás acceder á nosa intranet/extranet, dende onde terás acceso a documentación, poderás descargar imaxes, guións, vídeos e todo o relacionado có marketing que poidas necesitar.
- Poderás acceder a un amplo catálogo de experimentos científicos así como a miles de talleres (actualizados constantemente en base a I+D)
- Disporás de contacto directo por teléfono e email co noso persoal durante o horario laboral, dependendo das necesidades de cada franquiciado.
- Comunicación total co resto de franquiciados de Ciencia Divertida, mediante Intranet o email, para poder colaborar uns con outros e explicar experiencias.
- Equipo inicial composto por elementos corporativos, material, atrezzo para a escenografía, vestiario, útiles de laboratorio e elementos publicitarios, para promocionar a Ciencia Divertida e a súa imaxe corporativa.