Benvid@s ao Club de Ciencia online!
Toda a Ciencia ao teu alcance dende a comodidade da túa casa… ou onde queiras.
Sesións online en directo con profesorado de Ciencia Divertida, para que experimentes a ciencia en vivo.
Que necesitas?
- Ordenador, tableta, teléfono… con cámara, para que poidamos vernos 😉, e conexión a Internet.
- Materiais doados de conseguir (mandarémosche unha lista).
- Ganas de experimentar e pasalo ben.
Actividades extraescolares.
Cando? Canto dura?
De luns a venres, unha ou dúas veces á semana, durante, aproximadamente, unha hora.

Sábados científicos.
Cando? Canto dura?
Os sábados pola mañá, durante, aproximadamente, unha hora e media.