Why franchise with Nutty Scientists

Isto é certo. Un dos nosos principais trazos que nos distingue doutras empresas dedicadas ó ámbito educativo é que non nos asusta que os nenos se divirtan á vez que aprenden.

Os franquiciados de Ciencia Divertida e o persoal que traballa con eles elaboran talleres cheos de diversión, interactivos e moi espectaculares, a través de actividades ou eventos vinculados ás ciencias, onde están incluídas características da tecnoloxía, arte, enxeñeira ou matemáticas (STEAM, en inglés).

Somos expertos en “edutenimieto” (é dicir, educación e entretemento) o que significa que tratamos de involucrar ós máis pequenos a través da experimentación, a participación e a observación.

Contamos co respaldo de ter unha sólida base científica

A estratexia educativa de Ciencia Divertida conseguiu o recoñecemento internacional e foi premiada a nivel mundial. Empregamos métodos de aprendizaxe innovadores,como:

  • Método TPR (Resposta Física Total)
  • SDAIE© (Formación Académica Deseñada exclusivamente en inglés)
  • PQS© (Sistema de Preguntas Plonsky)

Ó marxe dos termos didácticos, o que nos importa é que os nenos aprendan á vez que se divirten. Ó permitirlles ser parte da elaboración de experimentos lles axuda tanto a recorda-las ideas como a aprendela.

Como dixo Confucio:

“Dixéronmo e olvideino, vino e entendino, fíxeno e aprendino”

Por que importa tanto.

¿Sabíalo? A nivel mundial as Ciencias soen ser as materias máis débiles nos centros educativos. Proba disto é un estudo realizado polo Ministerio de Educación de EEUU, onde os resultados revelan máis da metade do alumnado de Cuarto de Primaria e do último curso de Secundaria non chegan ó nivel esixido en Ciencias.

Esta é unha tendencia alarmante, tendo en conta que as matemáticas e as ciencias son a base da tecnoloxía que conduciranos a través do século XXI. Se os nenos non son capaces de aprender termos básicos ¿como van ser capaces de coñecer conceptos máis complexos no futuro?

Proporcionamos unha visión global das ciencias

Ciencia Divertida foi fundada en Europa na década dos 90, e dende ese momento o noso método de ensinanza foi conceptualizado por expertos do campo da Ciencia de tódolos recunchos do planeta. O longo destes anos colaboramos con multitude de concellos, institucións educativas, colexios, empresas e demais clientes.

Isto tradúcese en que contamos con experiencia, sabedoría e credibilidade suficientes para axudarte a proporciona-lo produto perfecto na túa área de mercado